Lemoyne

Lemoyne

Familia de escultores franceses activos no s XVIII. Jean Louis Lemoyne (1665-1755) traballou en Versailles e en Marly, e Jean Baptiste Lemoyne o Vello (1679-1731) fixo o Bautismo de Cristo para a igrexa de Saint-Roch, en París. O seu fillo, Jean Baptiste Lemoyne o Novo (1704-1778), foi escultor de Luís XIV, e entre os seus retratos destacan Réaumur (1571) e Montesquieu.