lenda
(
-
s
f
-
Título ou pé explicativo dun plano, mapa, fotografía ou doutro documento. No caso dos mapas empréganse como cadros para a representación dos distintos fenómenos que se desexen cartografar.
-
Inscrición gravada nunha moeda ou nunha medalla.
-
[HERÁLD]
Nome xenérico que designa calquera tipo de palabra posta nun escudo. Inclúe o berro de guerra e a ánima da divisa, entre outras.
-
-
s
f
-
[LIT/HIST]
Narración, oral ou escrita, de relativa aparencia histórica, pero cunha certa proporción de elementos imaxinarios. Adoita agruparse en ciclos ao redor dun centro de interese, o protagonista ou os sucesos, entre outros, e pode ser relixiosa, profana ou mixta, segundo o tema que desenvolva. Tamén pode ser popular erudita ou froito da combinación de elementos de variadas orixes. Contén, xeralmente, un núcleo narrativo meramente histórico, ao redor do que se forman episodios imaxinativos ou procedentes doutras lendas, pero nalgúns casos os elementos históricos poden faltar totalmente. Entre as lendas relixiosas destacan as relativas a Buda ou a denominada Lenda Dourada; e entre as profanas, as lendas épicas francesas. A primeira clasificación das lendas galegas debeuse ao Seminario de Estudos Galegos, na figura de Vicente Risco, que se ocupou deste xénero narrativo no Ensaio dun programa pró estudo da literatura popular galega (1928). As lendas populares galegas adoitan ter carácter relixioso e destacan as de lagoas ou cidades asolagadas, que se designan habitualmente co termo de Valverde, Villaverde ou Lucerna, as de santuarios e as de mosteiros, como santo Ero de Armenteira ou santo Amaro.
Confrontacións: conto, fábula, conto. -
Persoa ou feito que colle gran fama ou relevo.
Ex: Ten discos das principais lendas do jazz.
-
[LIT/HIST]