Lenya, Lotte

Lenya, Lotte

Cantante, bailarina e actriz. De nome Karoline Wilhelmine Charlotte Blamauer, o seu encontro co círculo de artistas en Zúric e Berlín, entre os que estaban Frank Wedekind, Kurt Well -co que casou en 1925- e Bertolt Brecht, foi decisiva na orientación da súa carreira. É recordada polos seus papeis en filmes alemáns e estadounidenses, como Die Dreigroschenoper (A ópera dos tres peniques, 1931), From Russia with Love (1963) e Mahagonny (1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Penzing

  • Deceso

    Lugar : Nova York