Leonardo de Noblac, san

Leonardo de Noblac, san

Relixioso. Señor da corte de Clodoveo I, converteuse ao catolicismo e seguiu a san Remixio. Construíu o mosteiro de Noblac, preto de Lemosín, lugar de peregrinación moi frecuentado na Idade Media. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.