Leopardi, Giacomo

Leopardi, Giacomo

Poeta italiano. Traduciu a Horacio, Virxilio e a Batracominomaquia, e admiraba a cultura grega. Nas súas obras o ser e a vida identifícanse coa felicidade, inalcanzable en tanto que está nas ilusións e na fantasía, localizadas na natureza, que debe ser destruída pola razón e o progreso. Rexeitaba os neoclásicos e, á vez, era parcialmente antirromántico, aínda que tiña algúns trazos desta corrente, como a loita do espírito pola sublimación, o pesimismo, o amor platónico de raíz petrarquista e da dor. Formalmente, os seus poemas presentan unha linguaxe moi elaborada. Da súa produción destacan Zibaldone (1810-1832), unha compilación da súa filosofía, as Operette morali (1827), a carta Agli amici suoi di Toscana (1831), o seu testamento literario e sentimental, a serie dos Canti (1835), os Pensieri (1845) e os tratados Storia dell’a astronomia (1840) e Saggio sopra gli errori degli antichi (1846).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Recanati

  • Deceso

    Lugar : Nápoles