Leopoldo II
Leopoldo II
Emperador romano-xermánico, rei de Xermania, de Hungría e de Bohemia (1790-1792) e primeiro gran duque de Toscana (Leopoldo I de Toscana, 1765-1790), segundo fillo de Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Á morte do pai recibiu Toscana, onde aplicou as doutrinas do despotismo ilustrado e promoveu numerosas reformas, para facer máis eficiente a administración e desenvolver a economía. Designado emperador á morte do seu irmán Xosé II, restableceu o dominio austríaco en Brabante e en Liexa (1790-1791). Resolveu as diferencias xurdidas con Prusia por motivo de Polonia e asinou a Paz de Sistova cos turcos en 1791.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso