Leovixildo
Rei visigodo (573-586). Gobernador da Hispania Citerior, en 572 iniciou a conquista dos dominios bizantinos en Bética. Enfrontouse cos suevos, tentou impoñer unha monarquía peninsular hereditaria, e asociou ao trono os seus dous fillos, Recaredo e Hermenexildo ao tempo que desprazou á nobreza. Volveu unificar a relixión arredor do arianismo, pero a maioría seguiu sendo católica. En 582, o seu fillo Hermenexildo sublevouse contra el, converteuse ao catolicismo e autonomeouse rei. As conquistas de Sevilla e Córdoba puxeron fin á rebelión de Hermenexildo (583), que foi executado en Tarragona en 585. Aceptou a submisión e o xuramento de fidelidade do rei suevo Eborico en 583, pero despois da sublevación que depuxo a este monarca realizou unha nova expedición contra o reino suevo en 585 e derrotou o usurpador preto de Braga. Trala súa vitoria o territorio suevo foi gobernado por un conxunto de duques que se ocuparon de reprimir un intento de sublevación ao ano seguinte.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Toledo