Leptostomias

Leptostomias
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes óseos da familia dos melanostomiátidos. En Galicia está presente a especie L. gladiator, de corpo alongado e barbela mandibular que presenta un ou dous filamentos na base, e unha única aleta dorsal pequena, no extremo do corpo, ao lado da cola.