Leptothrix

Leptothrix
[MONERA]

Xénero de bacterias quimioheterótrofas, que oxida os sales ferrosos e os converte en sales férricos. As súas especies habitan en regatos de corrente lenta contaminados por materia orgánica, onde medran formando filamentos envoltos dunha vaíña flexible que se cobre de hidróxido férrico e que se reproducen por conidios.

Palabras veciñas

Leptostomias | leptostráceo -a | leptoteno | Leptothrix | Lepus | Lepus | ler