Leros
Leros
Illa de Grecia, situada no mar Exeo (53 km2; 700 h [1981]). Constituída por un basamento cristalino recuberto de sedimentos calcarios, presenta unhas costas moi articuladas. Na Antigüidade estivo influída por Mileto e quedou vinculada á Liga Délica. Foi utilizada como campo de deportación de presos políticos.