lerrouxismo
lerrouxismo
(
s
m
[HIST/POLÍT]
Denominación que recibiu o ideario que presidiu a reorganización do republicanismo, emprendida desde Barcelona por Lerroux entre 1901 e 1909. As principais características foron o anticlericalismo, a propaganda antimonárquica, o españolismo e unha peculiar demagoxia obreirista. Significou para o republicanismo a superación das antigas familias republicanas, conseguiu unha renovación do soporte obreiro e fundamentouse organizativamente na multiplicación dos centros republicanos, na celebración de multitudinarias meriendas fraternales e na creación de grupos de Jóvenes Bárbaros. Despois da súa participación na Semana Tráxica, en xullo de 1909, Lerroux e o Partido Republicano Radical tentaron configurarse como un partido de clase media.