Lester, Richard
Lester, Richard
Realizador cinematográfico. Deuse a coñecer coas películas que interpretou o grupo musical The Beatles, A Hard Day’s Night (1964) e Help (1965), cun peculiar sentido da comicidade. Da súa filmografía destacan The Knack, premiada en Cannes en 1965, Petulia (1968), The Three Musketeers (1973), Robin and Marian (1976), Superman II (1980), Superman III (1983) e Return of the Mosketeers (1989).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia