Leverkusen

Leverkusen

Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada na beira dereita do Rin (160.841 h [2000]). É un importante porto fluvial. Formouse en 1930 da unión de catro núcleos e medrou de maneira importante grazas á creación dunha potente industria química.