levitación
levitación
(
-
s
f
Acción e efecto de levitar.
-
s
f
[FÍS]
Estado dun corpo sometido a unha forza sustentadora que equilibra o seu peso, de xeito que se mantén en suspensión a unha certa distancia dunha superficie de referencia. Determinadas técnicas metalúrxicas empregan a fusión en levitación para evitar os contactos materiais do metal co contorno. A levitación magnética é o principio dalgúns transportes avanzados.
-
s
f
Fenómeno polo que algo ou alguén se eleva sobre unha superficie sen que ningunha forza visible o sosteña.
-
s
f
[PSIQ]
Sensación de manterse no aire sen ter ningún punto de apoio.