Levítico
Levítico
[RELIX]
Terceiro libro do Pentateuco. Proveniente da tradición sacerdotal (ss VI-V a C), é de carácter lexislativo e regula idealmente o culto do tabernáculo no deserto, segundo a restauración descrita por Ezequiel. Contén un ritual dos sacrificios e da ordenación sacerdotal, leis de pureza legal e de expiación, leis de santidade e un calendario de festas. Remata coa promesa de Deus de restablecer o seu pobo se algún día ten que espallarse en castigo das violacións da alianza.