levodopa
levodopa
(< levo- + dopa)
s
f
[BIOQ]
Aminoácido aromático que se presenta en forma de cristais brancos que se funden a 276°C con descomposición. É un precursor metabólico da dopamina e ten a facultade de poder cruzar a barreira hematoencefálica. Adminístrase asociado con inhibidores da dopa-descarboxilase IDC (benseracida ou ben carbidopa) que actúan en todo o organismo, excepto no sistema nervioso central, para aumentar a eficacia da súa acción. En medicina emprégase como antiparkinsoniano.