Lewis, Gilbert Newton

Lewis, Gilbert Newton

Químico estadounidense.   Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Weymouth, Massachusetts

  • Deceso

    Lugar : California