LeWitt, Sol
Artista estadounidense. Foi considerado como un dos principais representantes do minimal art e da arte conceptual. Convencido de que o importante dunha obra é o concepto e non o obxecto e que o único responsable dela é o seu pensador, non participou directamente nin na elaboración das pezas, nin na montaxe das instalacións, traballos dos que se encargou o seu equipo. O mesmo sucedeu cos seus debuxos e pinturas, realizados por outros artistas baixo as súas instrucións. As súas obras concibíronse como esculturas construídas a partir de estruturas modulares e xeométricas a grande escala, que ía superpoñendo a partir dunha forma matriz, como en Floor Struture Black (1965) e Four-Sided Pyramid (1997). Das súas pinturas destacan Run I-IV (1962), Arcs in Four Directions (1999), e as series Black Loops & Curves e Not Stright Lines (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hartford, Connecticut