Lezo
Lezo
Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, situado ao SL de Donostia, no val do río Oiartzun (5.834 h [2001]). Posúe agricultura, con cultivos de forraxe, árbores froiteiras e hortalizas, e gandería bovina, aínda que o termo é principalmente industrial, con predominio do sector químico e siderúrxico. No núcleo destaca o antigo centro urbano.