Libre Pontevedrés, El
Libre Pontevedrés, El
Semanario que se editou en Pontevedra a partir do 13 de agosto de 1854 e que cesou ao cumprir os seis ou oito meses. Impreso nos obradoiros tipográficos de Antúnez e Pazos, o seu director e editor foi Xoán Cuveiro. Tratouse dunha publicación de ideas liberais moi avanzadas.