Lidia
Lidia
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do nome grego Lydia ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia Menor’, que existía xa entre os gregos e romanos. Presenta a variante popular Lédea. Destacaron dúas santas con este nome, santa Lidia (s I), vendedora de púrpura en Filipo (Macedonia) e outra santa Lidia (s II), mártir. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.