Liebig, Justus von

Liebig, Justus von

Químico. Foi un dos fundadores da química orgánica, á que achegou, ademais da súa teoría dos radicais orgánicos (xunto con Wöhler), novos métodos de análise cuantitativa, investigacións sobre determinados hidrocarburos, estudios sobre colorantes de orixe mineral, traballos sobre fisioloxía animal e vexetal e especialmente os seus descubrimentos sobre a química agrícola. Escribiu importantes tratados de química dos que destaca Die Chemie in ihrer Anwendung auf Agrikulur und Physiologie (A química nas súas aplicacións á agricultura e a fisioloxía, 1840).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Darmstadt

  • Deceso

    Lugar : Múnic