Lindgren, Astrid
Lindgren, Astrid
Escritora sueca. De nome Astrid Anna Emilia Ericsson, obtivo un grande éxito como autora de literatura infantil coa creación de Pippi L<ngstrump (Pippi Calzaslongas, 1945), personaxe que adquiriu sona internacional. A ausencia de moral, a espontaneidade e o equilibrio entre a realidade e a fantasía caracterizaron as súas obras, que foron levadas ao cine e á televisión. Recibiu a Medalla Hans Christian Andersen (1958), o Premio Nacional de Literatura de Suecia (1957) e a Medalla de Ouro da Academia Sueca (1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vimmerby -
Deceso
Lugar : Estocolmo