Lindos
Lindos
Poboación situada ao SL da illa de Rodas (Grecia). A súa acrópole erguíase sobre un monte que domina o Mediterráneo. Aínda se conservan as ruínas do santuario de Atenea Lindia, formado por numerosos edificios situados sobre socalcos a diferentes niveis, comunicados por unha escaleira. O conxunto rodeouse posteriormente cunha fortificación medieval.