Linz
Linz
Capital do land de Alta Austria, Austria, situada á beira do Danubio, augas arriba da confluencia co río Traun (186.266 h [2001]). As áreas industriais son Scharlinz, Kleinmünchen e Sankt Peter. Predomina a industria siderometalúrxica e química, e tamén destaca a téxtil, a do tabaco, a de aparellos electrónicos e a alimentaria.