Liñares, pazo de
Liñares, pazo de
Construción situada en Liñares (Santiso). Presenta forma de escuadro, que alberga un patio, e ocupa un terreo onde houbo unha torre. O portón de entrada forma arco de medio punto e frontón triangular enriba do que se inscribe unha pedra de armas con brasóns dos Varela, Ulloa e Montenegro. A capela atópase fóra do muro e estivo unida ao pazo por un pasadizo.