Liñares, pazo de

Liñares, pazo de

Construción situada en Prado (Lalín). Está formado por un corpo de planta rectangular e outro en forma de L. A fachada principal presenta unha porta sinxela, ventás con montante e balcóns e, sobresaíndo un pouco, o escudo dos Taboada, con remates de esferas pétreas, como nas chemineas. A fachada posterior ten unha galería con cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. A capela é de planta rectangular.