Lira
Lira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un brazo armado de prata, movente do flanco destro, cunha espada denuda na man, que atravesa un leopardo de ouro. Outra variante presenta, en campo de goles, un brazo armado, ao natural, movente do flanco sinistro, empuñando unha espada de prata que atravesa un besante de ouro, e en punta, un leopardo tamén de ouro.