lírica
(
-
s
f
-
Xénero poético en que predomina o elemento e o ton afectivo, sentimental e emotivo. Na literatura grega destinábase fundamentalmente ao canto e, a miúdo, bailábase co acompañamento da lira. Presenta dous tipos: a lírica coral, destinada ao canto dun coro, e a monódica, cantada a unha soa voz. A primeira alcanzou diversidade de formas, mentres que a lírica monódica, máis achegada ao sentido actual, articulábase en estrofas breves, de estrutura fixa. En Roma efectuouse a separación dos dous elementos e a lírica distinguiuse da poesía épica polo feito de que os autores, por primeira vez, deron a coñecer, dunha maneira breve, a súa individualidade; servíronse do mito e da sentenza e valoraron o presente por todo o que ten de vivo, diverso e actual. Paralelamente, a lírica monódica exaltou deuses e homes, pero era por esencia máis individualista e subxectiva. A partir do Renacemento, constituíuse a lírica como xénero de seu, como expresión directa da individualidade e do apaixonamento dun autor, oposta á épica e á dramática. Apareceron novas fórmulas estróficas (soneto, madrigal) que se engadiron a outras máis antigas (cancións, baladas) e que empalmaron coas diversas e libres creacións modernas. Na actualidade, non se circunscribe a unhas formas estróficas determinadas.
-
Conxunto das obras de poesía lírica.
-
-
s
f
[MÚS]
Xénero musical que consiste na representación cantada dun texto ou dun libreto teatral, e que se pode identificar coa opereta e a zarzuela.