Lis Quibén, Víctor
Lis Quibén, Víctor
Médico, político e etnógrafo. Concelleiro de Pontevedra pola candidatura monárquica nas eleccións municipais de 1931, participou na fundación da Unión Regional de Derechas (URD) en Pontevedra. Elixido deputado en 1933, ingresou en Renovación Española (1934) e foi reelixido deputado en 1936. Nomeado polos sublevados xefe da Guarda Cívica durante a Guerra Civil Española, escribiu La medicina popular en Galicia (1949).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso
Lugar : Pontevedra