Livi, Ivo

Livi, Ivo

Cantante e actor cinematográfico italiano. Coñecido como Yves Montand, naturalizouse francés e destacou cun estilo propio na canción francesa. Participou nos filmes musicais e dramáticos Le salaire de la peur (1952), Let’s Make Love (1960) ou Vivre pour vivre (1966). Tamén interveu en filmes de carácter político, dos que destacan Z (1969), L’aveu (1970), État de siège (1973), Trois places pour le 26 (1988) e Netchaïev est de retour (1991).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monsummano Alto, Toscana

  • Deceso

    Lugar : Senlis, Picardie