Livorno
Livorno
Capital da provincia homónima, situada en Toscana, Italia (148.143 h [2001]). É un porto situado na costa do mar de Liguria, a uns 15 kms da desembocadura do río Arno e unida a Pisa polo canal Navicelli. Posúe refinerías de petróleo, construción naval e industrias do cristal e da cerámica. Na Idade Moderna tivo unha importante colonia sueva. Foi reconstruída trala Segunda Guerra Mundial.