Ljubljana
Ljubljana
Capital de Eslovenia (257.338 h [2002]). Sitúase nunha chaira rodeada de montañas, na alta conca do Sava. É un centro cultural do pobo esloveno e un destacado centro comercial e industrial de derivados da madeira, de maquinaria e material eléctrico, industria téxtil, química e alimentaria. No s XIX liderou o movemento nacionalista esloveno. Pertenceu a Iugoslavia (1918-1991) ata que se converteu en capital de Eslovenia. Destaca o castelo do s XII, a catedral do s XVIII e os pazos de estilo barroco.