Lliga Catalana
Lliga Catalana
Nome que adoptou a Lliga Regionalista en 1933, despois da súa reestruturación e a incorporación de diversas forzas políticas afíns como a Dreta Liberal Republicana de Catalunya. Interveu nos gobernos da Generalitat de abril de 1935 e xaneiro de 1936. O segundo destes gobernos estivo integramente formado por membros deste grupo. Participou nas eleccións de febreiro de 1936 sen o sector da súa dereita, feito que provocou unha evolución cara a posturas de centro. Desapareceu co inicio da Guerra Civil Española.