Llíria
Llíria
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no Camp de Túria (17.211 h [2001]). Destacan os cultivos de patacas, cebolas, hortalizas, árbores froiteiras e cítricos no regadío, e vide, oliveiras, figueiras e outras árbores froiteras no secaño. Na actualidade destaca a industria téxtil, de materiais de construción, madeireira e a do moble.