Llombai
Llombai
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, drenado polo río Magre (2.327 h [2001]). A zona forestal cobre dous tercios do territorio e está ocupada principalmente por matogueiras. A agricultura é predominantemente de secaño e a industria evolucionou cara á fabricación de obxectos de pel.