Llucmajor

Llucmajor

Municipio da provincia de Mallorca, Illes Balears, situado no sector de Migjorn (24.277 h [2001]). Os recursos edáficos pobres e a situación da illa nunha zona subárida orixinan unha formación vexetal de garriga que limita as posibilidades agrícolas. A terra cultivada é de secaño e está dedicada a cereais, amendoeiras e figueiras. Na gandería destaca a cabana ovina e a caza é importante. Na industria destacan os sectores do calzado, artigos de pel e de material de construción, aínda que cada vez ten máis importancia o turismo.