Llutxent

Llutxent

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no val do río Vernissa que o atravesa de N a S (2.455 h [2001]). Case as dúas terceiras partes do territorio non son cultivables, aínda así a agricultura é a base económica do termo, destacan os cultivos de froiteiras, vide e oliveiras. As actividades gandeira e industrial teñen pouca importancia.