Locke, John

Locke, John

Filósofo e político teórico inglés. Estivo ao servizo de lord Shaftesbury e acompañouno ao exilio entre 1683 e 1689. Trala chegada ao poder de Guillerme III de Inglaterra, volveu a Inglaterra e ocupou cargos administrativos no goberno liberal. O seu pensamento político esforzouse en xustificar a revolución de 1868, defendeu que a soberanía residía na comunidade, non no rei, e que a sociedade tiña que fundamentarse na igualdade dos homes. Como filósofo é un típico representante do pensamento experimental no seu rexeitamento das ideas innatas de Descartes. Argumentou que todas as ideas proveñen da sensación e da reflexión e influíu no empirismo posterior. Da súa produción destacan Epistola de Tolerantia (1689), Two Teatrises on Civil Government (1690), Essay concernig Human Understanding (1690) e Some Thoughts concerning Education (1693).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wrington, Somerset

  • Deceso

    Lugar : Oates, Essex