Lócrida

Lócrida

Rexión histórica de Grecia Central dividida na parte sudoccidental (Locrida Ozolia) e na oriental (Locrida Opuncia). Sufriu a invasión dórica e no s VII a C os seus habitantes fundaron colonias en Occidente, como Locres Epizefiris. Despois da destrución de Crisa en 586 a C, loitaron contra a Beocia e Fócida. Sometidos á hexemonía tebana, pasaron a mans de Filipo de Macedonia despois da desfeita de Queronea (338 a C). Finalmente, foron vencidos polos romanos en 196 a C.