loess*
loess*
s
m
[XEOL]
Depósito de grans moi finos e dunha escasa coherencia, que son transportados polo vento desde grandes distancias e sedimentados sobre unha rexión herbácea. As partículas que o forman son angulosas, cun diámetro inferior a 0,05 mm, de cuarzo, feldespato e mica. Tamén contén arxila. Os depósitos son, xeralmente, dunha cor amarela e sen estratificación. Preséntanse en forma de manto, dun grosor variable.