Loewi, Otto

Loewi, Otto

Farmacólogo, fisiólogo e médico alemán. Investigou a diabete, as drogas que diminúen o ritmo cardíaco e a transmisión química dos impulsos nerviosos. Descubriu a existencia de neurotransmisores (1921) como a acetilcolina, identificada en 1912 por Dale e que, en 1929, se descubriu que era a mesma substancia que descubrira Loewi. Recibiu, xunto con H. Dale, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1936.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Nova York