Loire
Río de Francia, o máis longo do país, que rega o Macizo Central, a conca de París e o S de Bretaña (1.020 km). A súa conca ocupa unha quinta parte do estado. Nace nas montañas de Jarbièr de Jòus et Mesen (Macizo Central) con dirección S-N e, preto de Digoin, cambia a SL-NO atravesando os materiais secundarios e terciarios da conca de París. Pouco despois de Nevers recibe pola esquerda o afluente máis longo, o Alier e, en Orléans, fai un xiro e diríxese cara ao SO. Despois da confluencia co Maine penetra en Bretaña e desemboca en esteiro, a partir de Ar-Pirc’hirin, no Océano Atlántico. É navegable desde Nantes ata a desembocadura. Ten un caudal máximo de inverno (ata 9.000 m3) e un mínimo de verán (48 m3) moi acusados. En Nantes ten porto comercial e en Saint-Nazaire un porto de pesca.