Lois Peña Novo, Fundación
Lois Peña Novo, Fundación
Fundación privada, de carácter cultural e sen ánimo de lucro, constituída en 1998. Naceu como iniciativa dalgúns dos funcionarios do concello de Redondela para contribuír á extensión do uso do galego nos procedementos administrativos en todos os ámbitos de Galicia. Entre os seus obxectivos inclúense rescatar a figura de destacados galeguistas vinculados á administración. Outorgan anualmente os premios Lois Peña Novo, que pretenden recoñecer e apoiar as iniciativas a favor da normalización lingüística nas administracións públicas.