lombardo -da
(< topónimo Lombardia)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Lombardia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Lombardia.
-
s
m
[LING]
ariedade lingüística galoitálica da familia italorrománica do phylum indoeuropeo que se fala en Lombardia, con núcleos en Piemonte, no cantón Ticino e no Trentino. Divídese en dous grupos: o oriental e o occidental.
-
escola lombarda
[ARTE]
Escola de pintura desenvolvida en Lombardia que foi, ata mediados do s XV, o centro máis importante do estilo gótico internacional. V. Foppa e as estancias en Milán de D. Bramante e Leonardo da Vinci contribuíron especialmente na evolución cara ao Renacemento. As súas ensinanzas foron recollidas por Bergognone, G. A. Boltraffio, B. Luini e Marco d’Oggiono.
-
estilo lombardo
[ARQUIT]
Estilo arquitectónico que se desenvolveu en Lombardia durante o período románico. Entre os ss IX-X os Comacini estendérono por Europa. As súas características principais eran a cripta con presbiterio realzado, muros exteriores decorados con bandas, denominadas bandas lombardas, e arcos cegos de pedra. Exemplos deste estilo son San Vicenzo in Prato (s IX) e Sant’Ambrogio (ss X-XII) en Milán, San Pietro en Agliate (875), Sant’Abondio en Como (1095) e San Michele en Pavia (s XII). Na Península Ibérica denominouse primeira arte románica e destacan as igrexas de Santa María de Ripoll (1032) e Sant Vicenç de Cardona (1040).
-
adx
-
s
[HIST]
Mercador ou banqueiro italiano que acaparaba a maior parte do comercio e a banca internacional desde o s XII ata o s XIV. Organizáronse en sociedades bancarias e de comercio xeral, que ofrecían créditos a reis, nobres e grandes eclesiásticos, ao mesmo tempo que os abastecían de produtos de luxo e comercializaban os froitos das súas terras. Diversos monarcas e nobres arrendábanlles a exacción de diversos impostos e a cuñación de moedas. Desde mediados do s XIII sufriron as reaccións proteccionistas dos mercadores autóctonos en Francia, Inglaterra e da Coroa de Aragón.