Lombok
Lombok
Illa de Indoesia, situada no arquipélago da Sonda (4.729 km2; 1.957.128 h [1980]). O estreito de Lombok sepáraa da illa de Bali, situada ao O, e o de Alas sepáraa da illa de Sumbawa, ao L. Situada ao S do ecuador, cultívase tabaco, cacahuetes, mandioca, iñame e produtos de secaño. A súa capital é Matarâm.