londra

londra

(

  1. s f [ANIMAL]

    Nome dado aos mamíferos da familia dos mustélidos que pertencen aos xéneros Lutra, Pteronura, Aonyx e Enhydra, caracterizados por ter un tronco longo e flexible e unha cabeza esmagada e ancha. As patas son pequenas, con cinco dedas unidas por unha membrana, e o pelo é denso e curto.

    Sinónimos: lontra.
  2. londra común [ANIMAL]

    Mamífero carnívoro de tamaño medio (71-75 cm de corpo e 45-49 cm de cola), corpo alongado e extremidades curtas, sendo os machos de maior tamaño cás femias. A cabeza é ancha e aplanada cos ollos, oídos e orificios nasais desprazados cara á parte superior. O rabo é ancho e aplanado pola base, e aguzado no extremo. Posúe cinco dedas xunguidas por unha membrana interdixital. A pelaxe é castaña ou parda cunha mancha máis clara na gorxa e na parte superior do peito. O fociño posúe vibrisas longas, como a boca, o queixo, os ollos e os antebrazos. É solitaria, excepto durante os apareamentos e a época de crianza. Consome presas que atopa na auga ou preto dela (peixes, mamíferos, anfibios, aves, réptiles e unha porcentaxe moi pequena de insectos e crustáceos). Habita nas ribeiras dos ríos de caudal mediano ou grande, con bosque de ribeira mesto, e nos encoros. En Galicia existen poboacións que pescan no mar, aínda que necesitan auga doce para limpar a súa pel. Aparece no esteiro de Anllóns, no río e ría de Landro, en Viveiro, Ponteceso, Pontecesures, na ría de Ares, Ortigueira, O Grove, Doniños, Valdoviño e nas illas Cíes. Distribúese pola maior parte de Eurasia e o extremo norte de África. Na Península Ibérica sufriu unha importante regresión desde a década de 1950, aínda que desde mediados da década de 1980 comezou un lento proceso de recuperación.

  3. s f londra mariña [ANIMAL]

    Mamífero da orde dos carnívoros que acada aproximadamente 1,20 m de lonxitude. O pelame, negro con reflexos arxénteos, é moi apreciado en peletería. Habita nas augas costeiras do Pacífico Setentrional.

Palabras veciñas

London, Jack | London, John Griffith | Londonderry | londra | Londres | Londrina | londrir