Lopera
Lopera
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao S do Guadalquivir, en La Campiña (3.999 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, no cultivo de oliveiras, cereais, legumes e viña, e na gandería porcina e lanar. O seu castelo foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1993.