López Aydillo, Uxío

López Aydillo, Uxío

Xornalista, novelista e investigador. A súa dedicación ao xornalismo deu lugar a Galicia ante la solidaridad (1907), libro en que recolleu entrevistas aos membros do movemento político Solidaridad Gallega. Colaborou en distintos xornais e revistas madrileñas, en 1910 dirixiu o xornal liberal El Miño e, ao ano seguinte, fundou e dirixiu o quincenal ilustrado Mi Tierra, ambos os dous en Ourense. Trasladouse a Madrid (1913), onde estudiou Filosofía e Letras e colaborou con Blanco y Negro, Heraldo de Madrid e Novedades, para logo facerse cargo de Acción Gallega. En 1917 acadou unha cátedra na Universidad de Valladolid e continuou co xornalismo en Vida Gallega, La Voz de Galicia e Ideas. Fundou, xunto con Rivera Menescau e Mariano Alcocer, Revista Histórica, onde recolleron traballos de investigación histórica e filosófica. Escribiu País de abanico. Teatro de ensueño (1912), Una cantiga desconocida del Rey Santo (1918), Los grandes poetas. Valentín Lamas Carvajal (1925) e La aportación gallega a la grandeza de España. Presencia de Galicia en la historia de España (1950).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Deceso

    Lugar : Madrid