López Calo, José
Musicólogo. Formouse na Escuela Superior de Música Sagrada de Madrid e foi vicerrector do Instituto pontificio de Música Sagrada de Roma. Bolseiro da Fundación March, organizou os arquivos musicais das catedrais de Castela-A Mancha e Castela e León. Colaborou en Die Musik in Geschichte und Gegenwart, na Encyclopédie des Musiques Sacrées, no Grove’s Ditionary of Music and Musicians e na Storia dell’Opera, e organizou a catalogación de toda a música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales. Foi un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, realizada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Das súas obras destacan El Archivo de Música de la catedral de Santiago de Compostela (1962), Presente y futuro de la música sagrada (1967), La música en la catedral de Palencia (1981-1982), El Arpa en la catedral de Santiago: un estudo sobre estética musical barroca e O Feito diferencial galego na música, Idade Media e Renacemento. Membro da Real Academia de Bellas Artes e da Real Academia Galega, recibiu a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes e a Medalla Castelao.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nebra, Porto do Son